Concello de Camariñas. Ofertas turísticas
Pechar 

CAMARIÑAS, CORAZÓN DA COSTA DA MORTE: Paquete 2 días/ 1 noite

Goza dunha fin de semana en Camariñas, pobo costeiro da Costa da Morte no cal poderás realizar actividades de sendeirismo polas rutas da ribeira do Río Grande , polo sendeiro do Litoral que bordea a costa desta vila , percorrer os restos do castelo do soberano, o faro Vilán, o cemiterio dos ingleses e as singulares esculturas pétreas naturais de Camariñas.

PROGRAMA

Sitios a visitar en Camariñas

Día 1: Chegada ao aloxamento e cea. Recomendámosche que te achegues ata o faro Vilán, a 5 km da vila de Camariñas. Inaugurado en 1896, como o primeiro faro de España que funcionaba con enerxía eléctrica; está asentado sobre o Cabo Vilán e o seu uso é de gran importancia para a navegación por esta perigosa costa. Cea no Restaurante Villa del Oro.

Día 2: Despois do almorzo, propoñémosche que visites o emblemático Castelo do Soberano, situado por encima do porto desta villa. Construído arredor de 1740 e no século XX foi desmantelado para utilizar as súas pedras na construcción do actual peirao de Camariñas. Actualmente só queda a forma do castelo.
Outra das visitas obrigadas é a do Museo do encaixe onde se amosan diferentes deseños e pezas de encaixe de Camariñas, así como os utensilios e materiais utilizados para a súa elaboración. Xantar no Bar O Descanso.
Pola tarde propoñemosche que visites “O Foxo dos lobos” e a “Mámoa da Reira”, restos megalíticos que nos lembran a existencia dos primeiros asentamentos na zona.

Día 3: Almorzo e fin dos nosos servizos.

ALOXAMENTOS DO PROGRAMA

Hotel Residencia Parranda: Situado a poucos metros da praia, a unha hora en coche das cidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Ideal para gozar dunhas entrañables vacacións cerca do mar e da natureza.

Pensión Residencial la Fe: Este sinxelo hospedaxe está situado xusto enfrente da ría de Camariñas, no corazón da Costa da Morte. Conta con 9 habitacións dobres con TV e baño.

O prezo inclúe:

  • 2 días/1 noites en “Hotel Parranda”/ ou en “Pensión Residencial La Fe” en réxime de aloxamento e almorzo.
  • 1 cea e 1 almorzo no Restaurante Villa de Oro.
  • Visita ao museo do Encaixe, Mostras en vivo das palilleiras e Bautismo do encaixe.
*Precio por persoa en habitación dobre ou uso individual : 60 €
  • Suplemento en temporada alta:12 €

Actividades opcionais:

Río Grande

RUTA DOS MUÍÑOS:
Vieiro circular de 5 km en Ponte do Porto que se recorre  nunha hora e media. A ruta transcorre entre variada vexetación autóctona pola ribeira do río Grande, entre vellos muíños de granito, refuxio de pescadores e merendeiros.

Características xerais:

  • Dificultade da ruta: baixa
  • Distancia andando: 5 km
  • Lugar de saída: Ponte do Porto
  • Lugar de chegada: Ponte do Porto
  • Duración: 1, 5 horas

Faro Vilán

RUTA GUIADA DO MAR:
Saída de Camariñas. Percorrido pola ruta da costa desde o Castelo do Soberano ata o faro Vilán. Nesta ruta explicaránse os puntos de maior interese relacionados coa historia da defensa fortificada das vilas, os naufraxios, e os ritos pagáns da cultura galega e o encaixe de Camariñas. Tamén se centrarán nas características e formación da ría de Camariñas, a pesca e o sector marisqueiro. Percorrido de sendeirismo/ cicloturismo (grupo mínimo de 10 persoas). Inclúe transporte para achegarse ao punto de partida e recoller no punto de chegada. Duración 3 horas.

Características xerais:

  • Saída: 10:30 horas
  • Chegada: 13:30 horas
  • Lugar de chegada: Faro Vilán
  • Duración: 3 horas
  • Mínimo de persoas para a realización da acitividade: 10
  • Servizos que inclúe: Guía, desprazamento ata o hotel.

RUTA DO MAR EN VEHÍCULO:
Salida de Camariñas. A súa duración é de 5 horas incluídas o picnic que se realizará durante o percorrido. Pódese realizar co vehículo do cliente ou en vehículo colectivo proporcionado pola organización. Neste caso requírese un grupo mínimo de 8 persoas (ver carta de precios).

Características xerais:

  • Saída: 10:30 horas
  • Chegada: 15: 30 horas
  • Lugar de chegada: Camariñas
  • Duración: 5 horas
  • Mínimo de persoas para a realización da acitividade: 10
  • Servizos que inclúe: Guía, picnic
  • Observacións: non inclúe transoporte.

INFORMACIÓN E RESERVAS

Hotel Residencia O Parranda. Teléfono: 981 70 54 68
Pensión Residencia La Fe. Teléfono: 981 73 11 33

Ligazóns relacionadas

© by Abertal