Concello de Camariñas. Ofertas turísticas
Pechar 

CAMARIÑAS, CORAZÓN DA COSTA DA MORTE: Paquete 3 días/ 2 noites

Goza dunha fin de semana en Camariñas, pobo costeiro da Costa da Morte no cal poderás realizar actividades de sendeirismo polas rutas da ribeira do Río Grande, polo sendeiro do Litoral que bordea a costa desta vila , percorrer os restos do castelo dol soberano, o faro Vilán, o cemiterio dos ingleses e as singulares esculturas pétreas naturais de Camariñas.

PROGRAMA

Sitios a visitar en Camariñas

Día 1: Chegada ao aloxamento. Xantar no restaurante Bar O Descanso. Recomendámosvos que os acheguedes ata o faro Vilán, a 5 km da vila de Camariñas. Inaugurado en 1896, como o primeiro faro de España que funcionaba con enerxía eléctrica; está asentado sobre o Cabo Vilán e o seu uso é de gran importancia para a navegación por esta perigosa costa, as vistas son espectaculares. Cea no Restaurante Villa del Oro.

Día 2: Despois do almorzo, propoñemosvos que visitedes o emblemático Castelo do Soberano, situado por encima do porto desta vila. Construído arredor de 1740 e no siglo XX foi desmantelado para utilizar as súas pedras na construción do actual peirao de Camariñas. Actualmente só queda a forma do castelo.

Outra das visitas obrigadas é a do Museo do encaixe onde se amosan diferentes deseños e pezas de encaixe de Camariñas, así como os utensilios e materiais utilizados para a súa elaboración. Xantar no Bar O Descanso.

Pola tarde propoñémosvos que visites “O Foxo dos lobos” e a “Mámoa da Reira”, restos megalíticos que nos lembran a existencia dos primeiros asentamentos na zona. Cea no Restaurante Villa del Oro.


Día 3: Almorzo no hotel para esta mañán e antes de marchar, recomendámosvos que fagades unha visita a unha das parroquias veciñas de Camariñas, a parroquia de Xaviña. Nela poderás ver o destacado Cemiterio dos Ingleses, construído na honra do buque británico The Serpent, o cal naufragou en 1890 e no cal só sobreviviron 3 dos seus 175 pasaxeiros. No ano 1.990, con motivo da celebración do centenario deste triste suceso reconstruiuse o cemiterio. Todos os anos celébrase aquí un acto de homenaxe aos falecidos nas augas da Costa da Morte.

ALOXAMENTOS DO PROGRAMA

Hotel Residencia Parranda: Situado a poucos metros da praia, a unha hora en coche das cidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Ideal para gozar dunhas entrañables vacacións cerca do mar e da natureza.

Pensión Residencial la Fe: Este sinxelo hospedaxe está situado xusto enfrente da ría de Camariñas, no corazón da Costa da Morte. Conta con 9 habitacións dobres con TV e baño.

O prezo inclúe:

  • 3 días / 2 noites no “Hotel Parranda”/ ou na “Pensión Residencial La Fe” en réxime de aloxamento e almorzo.
  • 2 ceas e 2 xantares no Restaurante Villa de Oro ou no Bar O Descanso.
*Precio por persoa en habitación dobre ou uso individual: 120 €
  • Suplemento en tempada alta: 24€

Actividades opcionais (consultar prezos):

Río Grande

RUTA DOS MUÍÑOS:
Sendeiro circular de 5 km en Ponte do Porto que se percorre nuhna hora e media.
A ruta transcorre entre variada vexetación autóctona pola ribeira do río Grande, entre vellos muíños de granito, refuxio de pescadores e merendeiros.

Características xerais:

  • Dificultade da ruta: baixa
  • Distancia andando: 5 km
  • Lugar de saída: Ponte do Porto
  • Lugar de chegada: Ponte do Porto
  • Duración: 1, 5 horas

Faro Vilán

RUTA GUIADA DO MAR:
Saída de Camariñas. Percorrido pola ruta da costa desde o Castelo do Soberano ata o faro Vilán. Nesta ruta explicaranse os puntos de maior interese relacionados coa historia da defensa fortificada das vilas, os naufraxios, e os ritos pagáns da cultura galega e o encaixe de Camariñas. Tamén se centrarán nas características e formación da ría de Camariñas, a pesca e o sector marisqueiro. Percorrido de sendeirismo/ cicloturismo (grupo mínimo de 10 persoas). Inclúe transporte para achegarse ao punto de partida e recoller no punto de chegada. Duración 3 horas.

Características xerais:

  • Saída: 10:30 horas
  • Chegada: 13:30 horas
  • Lugar de chegada: Faro Vilán
  • Duración: 3 horas
  • Mínimo de persoas para a realización da acitividade: 10
  • Servizos que inclúe: Guía, desprazamento ata o hotel. 

RUTA DO MAR EN VEHÍCULO:
Saída de Camariñas. A súa duración é de 5 horas incluídas o picnic que se realizará durante o percorrido. Pódese realizar co vehículo do cliente ou en vehículo colectivo proporcionado pola organización. Neste caso requírese un grupo mínimo de 8 persoas (ver carta de prezos).

Características xerais:

  • Saída: 10:30 horas
  • Chegada: 15: 30 horas
  • Lugar de chegada: Camariñas
  • Duración: 5 horas
  • Mínimo de persoas para a realización da acitividade: 10
  • Servzos que inclúe: Guía, picnic
  • Observacións: empregarase o vehículo do cliente

INFORMACIÓN E RESERVAS

Hotel Residencia O Parranda. Teléfono: 981 70 54 68
Pensión Residencia La Fe. Teléfono: 981 73 11 33

Ligazóns relacionadas

© by Abertal