Goza dunha fin de semana en Camariñas, vila mariñeira da Costa da Morte na cal poderás coñecer a artesanía milenaria do Encaixe e ao mesmo tempo que gozas dos valores naturais e culinarios da zona.
Poderás coñecer a historia e elaboración desta artesanía e ter contacto directo coas palilleiras. Experimentar os primeiros pasos na realización dunha puntilla de encaixe entrelazando os fíos, movendo os bolillos e ver en directo a escenificación da típica palillada coas cancións tradicionais destes encontros.
Día 1: Chegada a Camariñas e check in no aloxamento. Cea no restaurante Villa de Oro.
Día 2: Almorzo no hotel. Ás 11:00 am horas, visita guiada ao Museo do Encaixe de Camariñas, onde faremos un percorrido pola historia e a evolución do encaixe de Camariñas, ferramentas, técnicas de realización, pezas antigas e modernas, etc. Duración da visita, sobre 30 minutos.
11:30 am horas, mostra en Vivo de palilleras, nesta actividade trátase de amosar a elaboración mediante unha visita á Asociación Profesional de palilleiras Rendas de Camariñas, onde se pode ver as palilleiras realizando esta artesanía textil e se poderá obter información directa das propias profesionais. Duración da visita, sobre 30 minutos.
Resto do día libre.
Pola tarde recomendámosvos que visites o emblemático Castelo de Vimianzo, situado a uns 20 minutos en coche aproximadamente de Camariñas que data do S. XIII e actualmente desempeña as funcións de museo e centro cultural. Hoxe en día celébranse nel toda unha serie de actividades durante todo o ano, destacando a mostra diaria de artesanía en vivo en época estival.
Cea no restaurante Villa de Oro.
Día 3: Despois de almorzar, ás 10:30 poderedes realizar unha actividade moi especial, que é o Bautismo ao encaixe, na que realizaredes coa axuda dunha palilleira profesional unha mostra do encaixe. Duración da visita, sobre 30 minutos. Xantar no Restaurante Villa de Oro.
Saída do hotel e fin dos nosos servizos.
Hotel Residencia Parranda: Situado a poucos metros da praia, a unha hora en coche das cidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Ideal para gozar dunhas entrañables vacacións cerca do mar e da natureza.
Pensión Residencial la Fe: Este sinxelo hospedaxe está situado xusto enfrente da ría de Camariñas, no corazón da Costa da Morte. Conta con 9 habitacións dobres con TV e baño.
O prezo inclúe:
PALILLADA EN DIRECTO:
Posta en escea duna palillada tradicional, nas instalacións do Club Náutico de Camariñas, coas lerias, cancións e bailes característicos a cargo de palilleiras do grupo de teatro Dequenquen de Camariñas que acabará cunha queimada galega.
Características xerais:
RUTA GUIADA REDNATURA CAMARIÑAS:
Visita guiada en vehículo colectivo á zona Rede Natura de Camariñas, aos centros de interpretación de sinais marítimas, museo de Man e museo etnográfico.
Características xerais:
Hotel Residencia O Parranda. Teléfono: 981 70 54 68
Pensión Residencia La Fe. Teléfono: 981 73 11 33