Pechar 

VIVINDO O ENCAIXE DE CAMARIÑAS: Paquete 2 días/ 1 noite

Goza dunha fin de semana en Camariñas, pobo costeiro no cal poderás coñecer a artesanía milenaria do Encaixe de Camariñas en vivo, ao mesmo tempo que gozas dos valores naturais e culinarios da Costa da Morte.

Poderás coñecer a historia e elaboración desta artesanía e ter contacto directo coas palilleiras. Experimentar os primeiros pasos na realización dunha puntilla de encaixe entrelazando os fíos, movendo os palillos e ver en directo a escenificación da típica palillada coas cancións tradicionais destes encontros.

PROGRAMA

Museo do Encaixe de Camariñas

Día 1: Chegada a Camariñas e check in no aloxamento.
Pola tarde ás 17:30 horas, visita guiada ao Museo do Encaixe de Camariñas, onde faremos un percorrido pola historia e a evolución do encaixe de Camariñas, ferramentas, técnicas de realización, pezas antigas e modernas, etc. Duración da visita, sobre 30 minutos.

Ás 18:30 horas, continuamos cunha mostra en Vivo de palilleras, nesta actividade trátase de mostrar a elaboración mediante unha visita á Asociación Profesional de palilleiras Rendas de Camariñas, onde se pode ver as palilleiras realizando esta artesanía téxtil e poderase obter información directa das propias profesionais. Duración da visita, sobre 30 minutos.


Cea no restaurante Villa del Oro.

Día 2: Despois de almorzar, ás 10:30 poderedes realizar unha actividade moi especial , que é o Bautismo ao encaixe, na que realizaredes coa axuda dunha palillera profesional unha mostra do encaixe. Duración da visita, sobre 30 minutos.

Xantar no Restaurante Villa del Oro.
Saída do hotel e fin dos nosos servizos.

ALOXAMENTOS DO PROGRAMA

Hotel Residencia Parranda: Situado a poucos metros da praia, a unha hora en coche das cidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Ideal para gozar dunhas entrañables vacacións cerca do mar e da natureza.

Pensión Residencial la Fe: Este sinxelo hospedaxe está situado xusto enfrente da ría de Camariñas, no corazón da Costa da Morte. Conta con 9 habitacións dobres con TV e baño.

O prezo incl˙e:

  • 2 días/1 noites no “Hotel Parranda”/ ou na “Pensión Residencial La Fe” en réxime de aloxamento e almorzo.
  • 1 cea e 1 almorzo no Restaurante Villa de Oro.
  • Visita ao museo do Encaixe , Mostras en vivo das palilleras e Bautismo do encaixe.
  • Prezo por persoa en habitación dobre ou uso individual : 92 €
  • Suplemento en tempada alta: 16 €

Actividades opcionais:

Encaixe de bolillos

PALILLADA EN DIRECTO:
Posta en escena dunha palillada tradicional, nas instalacións do Club Náutico de Camariñas, coas lerias, cancións e bailes característicos a cargo de palilleiras do grupo de teatro Dequenquen de Camariñas que acabará cunha queimada galega.

Características xerais:

  • Duración: 45 – 50 minutos
  • Local: Club Náutico
  • Actividade para un mínimo de 10 persoas
  • Hora e data: 21:30 h do sábado
* Consultar prezos

Red Natura

RUTA GUIADA RED NATURA DE CAMARIÑAS:
Visita guiada en vehículo colectivo á zona Rede Natura de Camariñas, aos centros de interpretación de sinais marítimas, museo de Man e museo etnográfico.

Características xerais:

  • Duración: 2 horas
  • Actividade para un mínimo de 8 persoas
  • Hora e data: 11:30h do domingo. O prezo inclúe os traslados en vehículo colectivo.
* Consultar prezos





INFORMACIÓN E RESERVAS

Hotel Residencia O Parranda. Teléfono: 981 70 54 68
Pensión Residencia La Fe. Teléfono: 981 73 11 33

Ligazˇns relacionadas