Galego | Castellano

MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

INICIO

MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS 2018

Cartel da XXVII/ Mostra do Encaixe de Camariñas

Dende 1981, cada Semana Santa, celébrase "A Mostra do Encaixe de Camariñas", certame comercial e cultural de ámbito internacional, declarado de Interese Turístico de Galicia.


Este evento acadou dinamizar o sector do encaixe, propiciando o uso dos "Encaixes de Camariñas", non só no enxoval doméstico, así como a súa inclusión definitiva no sector da moda. Foron e van seguir sendo os desfiles de "Grandes Deseñadores" e o "Concurso de Deseñadores Noveis" os que apostan por tal fin.

Dentro do recinto feiral, o visitante, entre outras actividades, atoparase con exposicións, demostracións ao vivo e venda de encaixe elaborado en diversas partes do mundo.

Ademais, vai poder disfrutar doutras artesanías nas cales se aplicou o encaixe de Camariñas. Pero, sen lugar a dúbidas, as verdadeiras estrelas deste coñecido evento son as "Escolas Infantiles de Palillo", que día a día fan demostracións da súa arte.

A presente edición da "Mostra do Encaixe" celebrarase en Camariñas do 28 de marzo ao 1 de abril de 2018.

Descargar Cartel Mostra 2018 [PDF]

MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
*O presente proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta publicación é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión no é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.