Galego | Castellano

MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS

NOVAS

FINALISTAS XXI CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES

16-12-2013
XXIV MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
A organización do XXI Concurso de Noveis Deseñadores da XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas agradece a tódolos deseñadores participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano incentivan aos seus alumnos a participar no concurso; entre as cales queremos mencionar: EASD Mestre Mateo, Goymar Vigo, CIFP Manuel Antonio, Academia Pin Factory, Susa Suárez de Santiago, Academia María Lariño, Centro Liper de León, Academia Isa de Madrid, EASD Valencia, Escuela Superior Región Murcía, Escuela Guerrero, ESDIR de la Rioja, Centro de Formación Logo’s, IES Sivera Font de Canals, AEG Ikastetxea, Escola de Moda do Porto e Cenatex de Guimaraes.

Recibíronse propostas de 95 noveis deseñadores, todas elas merecedoras de ser finalistas pero só se puideron seleccionar 28 memorias.
Esperamos que os deseñadores cuxos proxectos no están entre os finalistas se animen a seguir participando en próximas edicións.

Descargar listado finalistas

Encontros, cursos e talleres.

11-11-2013
Encontros de encaixeras, cursos de Encaixe de Camariñas e talleres de encaixes internacionais previstos para a vindeira XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebra sempre en Semana Santa, do 16 ao 20 de abril de 2014.

Descargar folleto informativo

Bases do XXI Concurso de Noveis Deseñadores

02-10-2013
XXIV Mostra do Encaixe
Bases do XXI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda

"XXIV Mostra do Encaixe de Camariñas" do 16 ao 20 de abril de 2014

Prazo límite para remitir a memoria: 2 de decembro de 2013.

Catálogo do “Encaixe de Camariñas” a través do cal se lle facilitará encaixes para realizar a colección.

Premios:
1º premio: 2104 €
2º premio: 1202 €
3º premio: 601 €
Premio especial do público: 601 €

Descargar Bases

Descargar Ficha Inscrición

Descargar Catálogo

FINALISTAS XX CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES

01-01-2013
XXIII MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
A organización do XX Concurso de Noveis Deseñadores da XXIII Mostra do Encaixe de Camariñas agradece a tódolos deseñadores participantes neste concurso, así como aos/ás directores/as das escolas de deseño de moda que ano tras ano incentivan aos seus alumnos a participar no concurso.

Recibíronse propostas de 83 noveis deseñadores, todas elas merecedoras de ser finalistas pero só se puideron seleccionar 26 memorias.

Esperamos que os deseñadores cuxos proxectos no están entre os finalistas se animen a seguir participando en próximas edicións.


FINALISTAS XX CONCURSO DE NOVEIS DESEÑADORES – XXIII MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS (27– 31 MARZO 2013):

Descargar listado finalistas

[ 1 ] [ 2 ] 3 [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 10 ]
MOSTRA DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS
*O presente proxecto foi financiado co apoio da Comisión Europea. Esta publicación é responsabilidade exclusiva do seu autor. A Comisión no é responsable do uso que poida facerse da información aquí difundida.