|
Coa creación en 1998 do sitio web do Museo do Encaixe, o
Concello de Camariñas adiantouse ó uso de internet
como medio para difundir o seu patrimonio máis destacado,
o Encaixe de Camariñas.
Hoxe en día, internet é un medio de comunicación
cun elevado número de usuarios que permite obter información
dun modo rápido e eficaz. Neste contexto decidimos renovar
o sitio web para convertelo nun lugar no que se informe a veciños
e visitantes dos diferentes servicios do Concello, das posibilidades
turísticas do noso territorio e, por suposto, do encaixe
de Camariñas.
Pretendemos presentar información actualizada periodicamente,
non só da administración municipal, se non tamén
da vida local, para que as asociacións que o desexen poidan
ter o seu propio espacio.
Nestos días de Semana Santa celebrase a Mostra do Encaixe
de bolillos. A Mostra é un certame comercial e unha festa
ó redor do patrimonio e a tradición de Camariñas.
Convidámosvos a todos a que nos visitedes durante esta edición
Gracias por visitarnos. Esperamos as vosas suxestións e
propostas.
O Concello |