Obter Adobe Flash player
Se necesita tener javascript activado y Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta página.

Santa Mariña


As xentes de Santa Mariña viven de e para o mar, capturando os mariscos máis prezados: percebes, ourizos, centolas. No seu porto natural observamos as gamelas preparadas para navegar, ó lado, as casetas dos mariñeiros onde gardan os apeiros de pesca.

Divisamos ao fondo o Monte Branco e a enseada do Colludo, onde sentimos que a modernidade aínda non deixou as súas pegadas.

A lenda di que noutros tempos azoutaban estas costas os pobos normandos na procura de botíns, pero en certos lugares establecían un pacto. Para que os pobos non fosen destruídos, abastecíanlles con alimentos cos que continuar a súa singradura alén dos mares.

Onde hoxe está a pequena capela e o campo da festa, os eremitas benedictinos fundaron o mosteiro de Santa Mariña de Tosto que foi obxecto da rapacidade de colindantes e os normandos que se infiltraban pola costa, non quedando na actualidade vestixio dese pasado.