Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Cómo chegar


Camariñas atópase na provincia da Coruña, no centro da Costa da Morte, a 89 km da Coruña e a 80 km de Santiago de Compostela.

Para acceder a Camariñas desde A Coruña cóllese a C-552 (A Coruña-Fisterra) ata Vimianzo, onde se desvía pola estrada LC-432.

Para chegar a Camariñas desde Santiago ofrécensenos dúas posibilidades: Coller a estrada desde Santiago a Baio (61km), por Portomouro e Santa Comba e en Baio continuar en dirección a Vimianzo e tomar a estrada LC-432 (87km). A outra opción, máis curta (80km), consiste en dirixirse a Berdoias, por Negreira, e desde alí tomar pola Ponte do Porto a Camariñas.

· Descargar Mapa en PDF >>
· Descargar Horario de Autobuses >>

· Situación en Google Maps
· Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (A.E.N.A)