Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Economía


Camariñas está estreitamente ligada ó mar, tradicional vía de comunicación e medio de subsistencia.

A pesca e o marisqueo son a principal fonte de riqueza de Camariñas, que conta cun importante porto pesqueiro adicado á captura de sardiña, congro, polbo, ameixa, berberecho, ourizo, centola, percebe, nécora, pescada...

O principal uso da terra é de carácter forestal xa que a agricultura e a gandería só teñen funcións complementarias na economía.

O turismo adquire cada vez máis importancia, atraído polos espazos naturais, a variedade paisaxística e a tranquilidade da zona.

A artesanía do encaixe de bolillos, complemento importante á economía local, está a experimentar un importante desenvolvemento e contribúe notablemente ó incremento de visitantes.