Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Festas e feiras


Nos mercados ao aire libre pódese adquirir desde peixe e produtos hortícolas ata roupa e encaixes.

En Camelle e Arou celébranse os luns e xoves, en Camariñas, os mércores e os sábados e na Ponte do Porto, os segundos e os últimos domingos de mes.

Festas

Os festivos locais celébranse en xullo, os días 16 e 17, na honra da Virxe do Carme.

A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros, a que se encomendan coa tradicional "danza dos arcos" e cunha procesión marítima. Os barcos engalanados fan un percorrido pola ría levando a imaxe da súa patroa e botan ó mar unha coroa de flores en lembranza de todos aqueles que nel deixaron a súa vida.

Durante o verán as festas son as grandes protagonistas dos días estivais. Pero as festas comezan xa no mes de febreiro, en Xaviña polo San Blas; onde tamén se celebra Santa Mariña, o 17 e 18 de xullo, a Festa da Praia o 25 de xullo e os días 26 e 27 festéxase o Sacramento de Xaviña. En agosto, o 15 e 16, celébrase a festa de Santa Mariña de Xaviña.

En Camelle, festéxanse o sábado, domingo e luns de Pentecostés e o primeiro domingo de agosto, a Virxe do Carme, que tamén é homenaxeada, en Camariñas, o 16 e 17 de xullo. O festival Folk de Camelle ten lugar o 3 de agosto, o día 15 festéxase Santa María e o 24 e 25 a Romaría de San Bartolo en Arou. A primeira fin de semana de setembro celébrase o Sacramento e durante este mes ten lugar a festa de San Miguel, o día 29, e o primeiro sábado de outubro a Romaría de San Roque de Arou.

O domingo e o luns de Pascua celébrase en Camariñas a romaría da Virxe do Monte. En Semana Santa ten lugar a Mostra do encaixe. O 23 de abril celébrase a festa de San Xurxo e o 31 de agosto a de San Ramón.

Na Ponte do Porto, os días 29 e 30 de xuño festéxase a Romaría de San Pedro. A primeira fin de semana de xullo ten lugar a festa do Sacramento. O 28 de xullo celébrase a Festa do Caldo da Riola e o 16 de agosto a Romaría de San Roque.