Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Museo do Alemán



Museo de Man

Enderezo

Casa do Alemán,
Peirao de Camelle s/n.
15121 Camariñas
Teléfono: 981 71 02 24

Trátase dun orixinal museo ó aire libre creado polo artista alemán Manfred Gnädinger, recoñecido polo nome de Man o alemán de Camelle, que chegou a esta parroquia de Camariñas na década dos 60 do século XX. En Camelle creou o seu edén de fantasía e soidade, o lugar que lle deu a paz interior que buscaba e onde dar vida á súa obra.

Ao visitante solicitáballe que fixese un debuxo nunha das súas libretiñas, sendo unha forma de relacionarse cos demais, xa que en “cada papel está a alma de cada quen e o meu obxectivo é facer un gran rañaceos con todas elas", segundo palabras de Man.

No museo observamos as cores vivas e os círculos numerosos que determinan o ciclo da vida continuo, repetitivo, do cal non podemos fuxir. Certos pensamentos existencialistas envolveron a vida e obra desta singular personaxe que andaba durante todo o ano tan só cuns calzóns como única vestimenta. O naufraxio do Prestige tinguiu de negro a súa obra, os seus fillos, como el os chamaba. Non o puido superar e morreu o día dos Inocentes do 2002.

NUNCA MÁIS

O museo está sito a un lado do dique, no porto de Camelle.

Por favor, pregamos o maior respecto pola súa obra.