Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Museo do Encaixe


Horario

Horario de primavera ata o 15 de xuño
De martes a xoves:
[mañás] de 11:00 a 14:00 horas.
[tardes] de 16:00 a 19:00 horas.
Venres e sábados:
[mañás] de 11:30 a 13:30 horas.
[tardes] de 16:00 a 19:00 horas.
Domingos e festivos:
[mañás] de 11:30 a 13:30 horas.
[tardes] de 16:00 a 18:00 horas.

* Os luns pechado
** Confirmar horarios de visita e apertura no 981 73 63 40

Prezo entrada:

2€ entrada individual
1€ entrada de grupos, mínimo de 10 persoas

Enderezo

Praza de Insuela, 57
15123 - Camariñas (A Coruña)

Teléfono de contacto

981 737 004

Enderezo electrónico

museodoencaixe@camarinas.net

O Museo do Encaixe de Camariñas creouse no mes de novembro de 1996. A iniciativa municipal de crear unha entidade museográfica en Camariñas dedicada ó encaixe de bolillos foi a resposta a unha serie de necesidades derivadas da gran riqueza en patrimonio etnográfico con que conta este municipio.

O encaixe de bolillos supón unha testemuña excepcional da supervivencia das artes e oficios populares. Por iso, asumiuse a responsabilidade de recuperar a súa memoria histórica, conservala e difundila mediante a creación desta institución.

Os obxectivos do museo son os seguintes:

· Promover o coñecemento e a difusión dunha práctica artesanal, contribuíndo á promoción do patrimonio etnográfico e artístico galego.

· Recuperación de pezas antigas e deseños utilizados tradicionalmente na zona.

· Establecer un centro de investigación, documentación e consulta sobre o encaixe de bolillos de Camariñas.

· Potenciar o desenvolvemento e a evolución do sector encaixeiro, mediante a formación e a aplicación de novas tecnoloxías.

· Servir como instrumento mediador para o coñecemento das características culturais comúns con outros lugares e países productores de encaixe artesanal.

Máis información sobre o encaixe