Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Parroquia de Camariñas


Lugar nado da esencia do mar, coa ollada fixada na ría.

Nas primeiras décadas do século pasado, as pedras do Castelo do Soberano, batería de defensa da ría na época de Carlos III contra a invasión francesa, foron empregadas na construcción da dársena do porto e os canóns empregados para amarrar as gamelas.

O Faro Vilán alumea a brava costa e o Foxo dos Lobos, a Mámoa de Reira e os restos do Castro da Croa lémbrannos a existencia dos primeiros asentamentos na zona

Entre os monumentos relixiosos destaca a Capela de San Xurxo, do s.XVIII , e o seu retablo.