Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Parroquia de Camelle


Emerxe dun posible asentamento de mariñeiros vascos que andaban na procura de baleas. No s.XVIII pertenceu ós Condes de Altamira, cunha ducia de casas e a capela de culto ó Espírito Santo.

Vinculada desde sempre ó mar, no s.XIX e co auxe do sector pesqueiro, empresarios cataláns ergueron diferentes salgadeirías adicadas á sardiña e ó congro, xunto co establecemento dunha estación de salvamento marítimo e o desguace de barcos afundidos.

As súas costas son un punto fatídico da Costa da Morte, onde bateron os barcos: Boris Scheboldaef, Natalia e Yeoman.