Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Parroquia de Ponte do Porto


Centro estratéxico da comarca, emparentada a unha posible vía romana "per loca marítima", un lugar de paso de mercadorías da costa ao interior e viceversa, e lugar de refuxio da frota ante os temporais e incursións foráneas.

Débelle o nome á ponte de pedra que une os grupos de casas á beira do Río Grande. Unha ponte de sillería con arcos peraltados e rebaixados, con contentas da altura dun home e con apartadoiros.

A finais do s.XVIII e principios do s.XIX, na Ponte do Porto xorden a maioría dos importadores de encaixe de Camariñas nas Américas, destacando Manuel Miñones e Norbeto Noya Mira. Outro sector destacado son os aserradeiros do lugar e comarca e os muíños privados e de maquía (hoxe a ruta dos muíños PR. G- 37).

Na actualidade, as casas antigas de pedra ao carón de río son recordos doutros tempos. En canto ás súas xentes, o Museo Etnográfico, que xurdiu dunha iniciativa popular é un reflexo das profesións e elementos que configuraban estas casas.