Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Parroquia de Xaviña


A parroquia de maior extensión do concello, conta cunha actividade practicamente agrícola e forestal, ainda que nos últimos anos comeza a incidir na actividade marisqueira.

O expoñente da súa vida señorial reflíctese nos Pazo dos Mouzo, do s.XVIII, e no Pazo da Paxariña, do s.XVI.

Entre os monumentos relixiosos destaca a Igrexa de Santa María de Xaviña, do s. XII e cunha gran pureza de liñas compositivas.

Baixo a gran duna de Monte Branco, agáchase o silencio da traxedia do Serpent no Cemiterio dos Ingleses, que ao igual que outros moitos barcos naufragou nestas costas.

Fermosas praias e a área de recreo da praia do Ariño completan o atractivo desta parroquia.