Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Ruta Costa da Morte


Folleto Ruta Costa da Morte [PDF]
Topoguía Ruta Costa da Morte [PDF]

Esta espectacular ruta recorre o corazón da Costa da Morte no que atoparemos construcións de interese histórico-etnográfico, paisaxes impresionantes, lembranzas de naufraxios e esculturas naturais.

Ruta circular de dificultade media, ten 22,5 Km e unha duración aproximada de 8 horas. Esta ruta coincide ata a metade do seu recorrido coa Ruta Litoral de Camariñas aínda que non chega ás vilas costeiras de Arou, Santa Mariña e Camelle senón que volta polo interior do Concello ata chegar de novo ao mesmo punto de partida: Camariñas.

A saída é dende o Castelo do Soberano de Camariñas e recorrermos a fermosa costa ata o Cabo Vilán e dende alí ata o Cemiterio dos Ingleses e Monte Branco. No recorrido de volta teremos preciosas vistas da ría e do faro Vilán ao mesmo tempo.

Nesta ruta poderemos encontrar puntos de interese paisaxísticos e formacións xeomorfolóxicas como os coídos, as praias, zonas de nidificación de aves mariñas, furnas, enseadas, insuas, cabos e montes, ademais de esculturas pétreas froito do tempo e a influenza da auga e o vento tales como a pedra do Oso, os Namorados da Enseada de Arneliña, O Belén da Pedrosa ou o Gardián con Boina.

As historias das embarcacións que atoparon nestas costas o fin das súas andanzas mestúranse cos puntos de interese histórico desta ruta. Nesta costa teñen naufragados buques como o Constancia, Luz, Cantabria, Blanck Arrow, Banora. Diligent. Brignetti, Trebezy, Yale Hermoso, Yaga, Dique Francés, Duro, Ciampa, Trinacria, Tumbridge, Begona, Iris Hull, Olympe e o Serpent . No Faro Vilán poderemos visitar o centro de interpretación dos naufraxios e dos faros e sinais marítimas tan necesarias para evitar estes accidentes mariños.