Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Ruta da Ínsua


Folleto Ruta Ínsua [PDF]
Topoguía Ruta Ínsua [PDF]

Esta ruta transcorre bordeando o monte da Insua, pertencente á parroquia de Xaviña. Como o seu nome indica trátase dun enclave rodeado por auga ao atoparse nunha das partes sobresaíntes da ría de Camariñas. Esta é a razón pola que podemos gozar ao longo de toda a ruta dunhas excelentes paisaxes típicas da costa galega.

A ruta da Insua é circular, de dificultade baixa, dunha lonxitude de 5,0 km de camiño principal que se percorre nunhas 2 horas.

O percorrido comeza na praia do Ariño, pasando pola praia do Rego dos Coiros e Punta Sandía dende onde se pode tomar a derivación pola que chegamos ao Alto do monte. Este é o punto máis alto da ruta e ofrécenos unha panorámica na que podemos divisar a entrada da ría, os portos deportivo e pesqueiro, as praias de Lingunde e Area da Vila e construcións tan dispares coma a Ermida do Monte ou a conserveira (a industria máis antiga da Costa da Morte).

Tamén atoparemos a Ruína Mineira. Trátase dos restos abandonados da antiga mina Amparo sita no chamado Campo do Turco. Nela comezouse a extraer volframio para a fabricación do material armamentístico durante a Segunda Guerra Mundial.

Preto da mina atopamos a fonte de Agramar e bordeando a parroquia de Xaviña temos vistas da parroquia e do Pazo da Paxariña (s. XVII), chegando de novo á praia do Ariño.