Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Ruta litoral


Folleto Ruta Litoral [PDF]
Topoguía Ruta Litoral [PDF]

A Ruta Litoral de Camariñas transcorre ó longo da costa atlántica de Camariñas ten unha lonxitude de 22,8 km e se pode percorrer a pé en 8 horas. Tamén pode empregarse a bicicleta e gran parte deste recorrido pode facerse en vehículo nunhas horas.

O camiño parte do Museo do Alemán en Camelle, dende o que parte unha senda costeira que recorre Arou e Santa Mariña onde poderemos disfrutar do recorrido pola zona Rede Natura de Camariñas.

Este roteiro vai dende Santa Mariña polo mesmo camiño por onde descorre a Ruta Costa da Morte aínda que en sentido contrario. Sempre desfrutando do mar e dunhas vistas impresionantes do faro e Cabo Vilán, ao que chegaremos despois de observar a duna de Monte Blanco, a praia de Trece, o cemiterio dos Ingleses, as fermosísimas praias de Arnela, A Pedrosa, Area Longa e Reira o foxo dos Lobos. Esculturas pétreas naturais como a do Oso ou os Namorados de Reira sorprenderannos perante todo o camiño.

A etapa final do recorrido lévanos á cara máis amable e recollida da costa, camiño á boca da ría de Camariñas, desfrutaremos de praia de Lago ou a ermida da Virxe do Monte. Dende aquí pódese contemplar como o tranquilo mar da ría torna en bravura.

Esta ruta acaba no Castelo do Soberano de Camariñas dende o que poderemos achegarnos ao paseo marítimo e as tendas ónde mans artesás confeccionan o famoso Encaixe de palillos de Camariñas.

Mapa cartográfico

IGN 1/25.000
nº 68-I Camariñas