Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Sitios a visitar


A costa dende Camariñas ata Camelle, pasando por Cabo Vilán e Arou, está incluída na Rede Natura 2000 Costa da Morte. Posúe unha gran riqueza biolóxica de especies de flora e fauna protexidas. Nos illotes e rochas de Cabo Vilán aniñan os Araos de Cons, a gaivota tridáctila e o cormorán moñudo, aves en perigo de extinción polo que esta zona está declarada Zona de Especial Protección das Aves (ZEPA) pola Unión Europea.

Por esta zona discorren dúas rutas de sendeirismo e cicloturismo de inmensa beleza: A Ruta Costa da Morte e o Sendeiro Litoral Camariñas.

O Faro Vilán é ao mesmo tempo vixiante e guía dos mariñeiros dos portos de Camariñas, Camelle, Arou e Santa Mariña.

No interior do concello, atopamos o Pazo dos Mouzo e o Pazo da Paxariña. E o río Grande que, tralo seu paso pola Ponte do Porto, desemboca mansamente na ría de Camariñas.