Obter Adobe Flash player
Precísase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Xeografía


Camariñas é un concello de carácter mariñeiro. No seu litoral, dividido polos pequenos cumes da Serra de Pena Forcada, contrasta a visión do mar aberto da Costa da Morte e a tranquilidade da súa ría.

O territorio está regado polo río Grande, importante coto de troita que desemboca na cola da ría.

Camariñas ten un clima oceánico, suave no sur pero exposto a ventos fríos na zona norte. A súa temperatura media anual é de 13º, acadando no verán unha media de 23º e no inverno de 7º. É unha rexión sometida a fortes ventos, onde as precipitacións son abundantes.

Estas zonas, xunto co Cabo Vilán, están declaradas Lugares de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección das Aves (ZEPA); ademais de pertencer á Rede Natura 2000 denominada Costa da Morte