|
No noroeste galego, ó abeiro
da ría de Camariñas e no seo da Costa
da Morte xurde cada día desde fai séculos a
suave maxia do encaixe.
Sirvan estas páxinas como homenaxe ás
verdadeiras protagonistas do encaixe: as palilleiras;
as artesás e artistas que fan posible esta marabilla xeración
tras xeración, as mulleres que dedicaron o seu tempo e esforzo
a este peculiar arte; porque o encaixe de Camariñas é
un labor do pobo, sen que ninguén
reclame a condición de autor.
O encaixe foi sempre unha fonte importante de ingresos
para as familias humildes, por eso tiñan que traballar tamén
as nenas. Non obstante, esas mans sacrificadas de novas, chegaron
logo a ser coñecedoras dunha técnica precisa, herdada
dende fai séculos
Pero o encaixe non só é un esixente
traballo, senón que tamén representa unha
forma de vida, que teñen como manifestación
máis característica ás Palilladas. Ó
redor destas reunións de palilleiras xiraba toda a vida social
e cultural da zona de Camariñas durante os meses de outono
e inverno. Na sala, que era onde se realizaban as palilladas,
formábanse artesás, facíanse reunións
públicas, organizábanse bailes e xogos, era lugar
de cortexo e onde se desenvolvía un amplo Cancioneiro Popular.
Na actualidade, o encaixe de Camariñas está
experimentando unha importante expansión;
na que ten moito que ver a formación das futuras palilleiras,
na que, como antano, teñen gran importancia as ensinanzas
da avoa, nai ou señora de confianza á que se lle encargaba
a tarefa; aínda que na actualidade a formación tamén
se impulsa e estructura a través dunha escola
Obradoiro.
O Museo do Encaixe e a Mostra
do Encaixe contribuíron de maneira importante á
difusión internacional desta exquisita artesanía.
 |