|
O
Museo do Encaixe de Camariñas
creouse no mes de novembro de 1996. Trátase dun ansiado proxecto,
que, finalmente, o Concello de Camariñas concretou.
A
iniciativa municipal de crear unha entidade museográfica en Camariñas
dedicada ó encaixe de bolillos foi a resposta a unha serie de necesidades
derivadas da gran riqueza en patrimonio
etnográfico con que conta este municipio e, en xeral,
a comarca de Soneira.
|
Co
menú do lateral esquerdo, no apartado 'O Museo do Encaixe'
accederá a un amplio listado de apartados que lle permitirán
coñecer máis sobre este museo e o encaixe: exposicións permanentes
e temporais, documentación, historia do encaixe, etc.
|
O
encaixe de bolillos supón unha testemuña excepcional da supervivencia
das artes e oficios populares sendo un expoñente
da tradición que permanece practicamente nos seus contextos orixinais.
Por
eso, asumiuse a responsabilidade de recuperar a súa memoria histórica,
conservala e difundila mediante a creación desta institución.
Os obxectivos xerais que se plantea o Museo do Encaixe, son os seguintes:
-
Promover o coñecemento e a difusión dunha práctica artesanal que
permanece viva desde fai séculos en Camariñas, e en outros lugares
da comarca de Soneira, á que pertence o municipio. Consecuentemente,
estarase contribuíndo á promoción do patrimonio etnográfico e
artístico galego.
-
Recuperación de pezas antigas e deseños utilizados tradicionalmente
na zona.
-
Establecer un centro de investigación, documentación e consulta
sobre o encaixe de bolillos de Camariñas.
-
Potenciar o desenvolvemento e a evolución do sector encaixeiro,
que en gran medida identifica a Camariñas, mediante a formación
e a aplicación de novas tecnoloxías, de maneira que ó beneficio
sociocultural aportado polo Museo, poida engadirse o beneficio
económico.
-
Servir como instrumento mediador para o coñecemento das características
culturais comúns con outros lugares e países productores do encaixe
artesanal.
-
Ofrecer un servicio cultural público que se sume ós puntos de
interese turístico que posúe este municipio.
- Utilización
de novas tecnoloxías. Mediante sistemas multimedia e a través
de Internet, o Museo ofrece a posibilidade de consultas externas

|