|
A península de Camariñas
enfrontase ó Atlántico
nunha tenaz loita para protexer a tranquilidade da súa ría;
onde o océano aloumiña, xa manso, as brancas areas
das praias e alimenta e acolle abundantes especies protexidas de
aves e unha vexetación deslumbrante.

O visitante quedará atrapado de inmediato pola salvaxe e
a vez enigmática beleza da costa norte
de Camariñas, enmarcada dentro da impresionante Costa
da Morte por cantís esculpidos polo vento e mar que
ofrecen misteriosas formas pétreas coma a "Furna
dos Infernos" ou a "Pedra
do Oso" e praias de especial beleza como as da
Reira, Santa Mariña, Arou, Camelle ou Trece.
Entre Cabo Vilán e Arou a paisaxe
desborda a mirada máis apaixonada. Declarado como
Sitio Natural de interese turístico nacional, ofrece
unha enorme riqueza biolóxica con especies de flora e fauna
protexidas, como os Araos de Cons, a gaivota tridáctila e
o cormorán moñudo, aves en perigo de extinción.
Ó Sur, ó acubillo das
bravas acometidas do Atlántico, está a Ría
de Camariñas. Os suaves meandros do Río Grande
ábrense nunha paisaxe de perfiles máis suaves e tranquilos,
con praias como Lago, Area da Vila ou Airiño,
e ó borde da cal se atopa a vila de
Camariñas.
Dificilmente, o visitante poderá esquecer as paisaxes das
costas de Camariñas; así como as do interior, máis
protexidas, pero non menos fermosas. Tampouco lle será fácil
esquecer a atención das xentes destas terras, as súas
festas populares, a súa exquisita gastronomía ou a
delicada beleza do Encaixe de Camariñas.

|