O Concello

Departamentos

* Novas de Camariñas no móbil 18/04/2018

Novas de Camariñas no móbil

O Concello de Camariñas está usando a aplicación TokApp para comunicarse coa veciñanza ao través do móbil.

Instálea desde Google Play para móbiles con Android en http://bit.ly/2D7Gxow , e para iPhone en https://apple.co/2D7RRku

O seu nome de usuario debería ser coma este: nome.tokapp.es.  O nome pode ser o dun establecemento ou empresa. 

Despois de instalada, pique neste enlace, para recibir as novas municipais: www.tokappschool.com/suscripcion/932282  É moi doado, pero pode seguir estes pasos:

-        Debaixo da imaxe coa frase “Información General (web)”, faga clic no cadradiño que di “Me interesa” e introduza os seus datos.

-        Despois, faga outro clic no cadradiño que di “Leí y acepto la política de privacidad”

-        Dea un último clic no botón “Enviar”. 

O técnico informático municipal pode axudarlle na Aula de Informática, de 13:30 a 14:30, chamando antes ao teléfono 981 73 65 06. Esta aplicación vai permitir recibir información instantánea de forma segura e respectando a privacidade e a confidencialidade exixidas pola Lei de Protección de Datos, sen recibir mensaxes que non teñan que ver coa información municipal, nin tampouco publicidade nin mensaxes non desexados.

Descargas relacionadas


© by Abertal