O Concello

Departamentos

* MEDIDAS DE APOIO AS PERSOAS INQUILINAS 05/05/2020

MEDIDAS DE APOIO AS PERSOAS INQUILINAS

I.- MEDIDAS DE APOIO AS PERSOAS INQUILINAS  

PASOS DO PROCEDEMENTO:  

1º - Ata o 02/07/2020 solicitar un acordo á persoa propietaria por escrito. 
- Una prórroga de seis meses del contrato de alugueiro se finaliza durante o estado de alarma.
- Un acordo de redución, moratoria ou suspensión do pago do aluger.
- A persoa propietaria dispón de 7 días para responder se acepta ou non o acordo.  

2º - Préstamo ao 0% de interese, se non recibe resposta ou non se chega a un acordo.                

- Prazo de solicitude:
ata o 30/09/2020 nas entidades bancarias.                

- Características do préstamo:
                              
- Sen intereses. Sen gastos nin comisións. Amortización anticipada sen  penalización.                               
- Ata 6 mensualidades de ata 900 euros, 5.400 euros máximo.                               
- A devolver ata en 6 anos. Carencia máxima de 6 meses.                

- Para persoas vulnerables:
                              
- Desemprego ou ERTE despois do inicio do estado de alarma.                               
- No mes de anterior á solicitude, ingresos inferiores a 1613,52 euros na unidade de convivencia. (+ 55,78 euros/fillo. + 80,67 euros familias monoparentais)                               
- Se 33% de discapacidade, ingreso marzo inferior a 2152,36 euros.                               
- Suma de renda mensual e gastos dos subministros, iguais ou superior ao 35% de ingresos no mes anterior na unidade de convivencia.                               
- Non pode ser propietaria doutra vivenda. Agas herdanza compartida, non usufrutuario da vivenda por separación ou divorcio, ou porque a vivenda é inaccesible.  

3º - Plan de axudas novas para os anos 2020-21 (sen prazo aínda) no caso de non poder devolver o crédito,
- Ata 900 euros ou 100% da renda mensual de ata 6 meses.    

II.- OUTRAS MEDIDAS SOBRE O ALUGAMENTO  

- Moratoria das hipoteca do local para autónomos, previa solicitude.  
- Suspendidos os desaloxos ata o fin do estado de alarma. Despois e ata o 2 de outubro, póderase solicitar mais tempo.  
- Prórroga de contratos de aluger que finalicen desde o 2 de abril ata dous meses despois do fin do estado de alarma, previa solicitude á propiedade.  
- Alugamento locais comerciais: solicitude de redución, moratoria ou suspensión do pago do aluger. Se a persoa propietaria non acepta, a fianza pódese utilizar para aboar a renda, repoñéndoa despois.    

DOCUMENTACIÓN DEMOSTRATIVA DA VULNERABILIDADE:  

- Desemprego: certificado SEPE ingresos mensuais por prestacións ou subsidios.
- Autónomos: cese certificado da AEAT.
- Libro de familia ou documento de parella de feito.
- Certificado empadroamento dos 6 meses anteriores.
- Certificado ou declaración de discapacidade, dependencia ou incapacidade temporal.
- Declaración responsable de cumprir coas condicións de vulnerabilidade.
- A documentación que non se poida presentar durante o confinamento, aportarase no prazo dun mes desde o final do estado de alarma.  

MÁIS INFORMACIÓN no tlf. 653 264 990, adl@camarinas.net, e na web https://bit.ly/2YwYPxO


© by Abertal