O Concello

Departamentos

* Instalacións deportivas 10/07/2020

Instalacións deportivas

Dende o Concello de Camariñas queremos informar da situación na que se pode desenvolver actividade deportiva nas instalacións deportivas muncipais tendo en conta o reflectido no DOG do 13 de xuño do presente ano.

Por unha banda, non se pode desenvolver deportes de contacto nos que sexa imposible manter a distancia social definida, nestes intres 1,5m. Isto implica que os deportes como fútbol, baloncesto, balonmán...non poden xogar encontros, a non que ser que todos os particpantes o fagan con máscara, é dicir, o uso libre de instalacións para desenvolver dito tipo de deportes está totalmente descartada.

PORTAS PECHADAS.PDF
PISTAS EXTERIORES.PDF

A respecto dos clubs, os clubs poderán facer uso das instalacións, sempre e cando cumpran dentro da actividade que queiran desenvolver, coas limitacións establecidas polo DOG de referencia e polos protocolos que desenvolvan e lles sexan aprobados por parte das autoridades competentes ás Federacións Deportivas de Galicia. Engadir que tamén deben de cumprir, non só cos protocolos indicados anteriormente, tamén terán que respectar os desenvolvidos polos titulares das instalacións, neste caso o Concello de Camariñas. O número máximo de asistentes non poderá pasar dos 25 contanto adestradores por grupo.

NORMATIVA USO CLUBS.PDF



SOLICITUDES: 


SOLICITAR XIMNASIO  (03 - 07 AGOSTO )

Descargas relacionadas


© by Abertal