O Concello

Departamentos

* RUTA DAS TAPAS COMO OUTONO 19/11/2014

RUTA DAS TAPAS COMO OUTONO

O Concello de Camariñas co cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e a colaboración da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, organiza unha campaña de INCENTIVACION AO CONSUMO 2014 con actividades que se desenvolveran dende novembro co mercado e os comercios de Camariñas.

Cos bares e cafeterías do Concello que desexen participar queremos organizar a RUTA DAS TAPAS Como outono durante os sábados 29 novembro, 6 e 13 de decembro. Só terán que ofrecer, á súa clientela neses días, coa bebida unha tapa realizada con calquera dos produtos que poden mercarse en calquera tenda ou no mercado de Camariñas (hostalizas, carne, peixe e marisco, conservas, legumes etc etc)

Tamén tentaríamos organizar un concurso de fotos nas redes sociais das tapas que se degusten nos establecementos adheridos o que suporía unha promoción engadida para os establecementos participantes.

As tres primeiras fotos tería unha bolsa agasallo de premio e o primeiro premio ademais tería unha invitación gratuíta no establecemento retratado para 4 persoas dunha bebida+tapa  nunha única data elixida polo premiado/a antes do 31 de decembro de 2014.  O custe desta degustación-premio correrá a cargo do establecemento retratado na foto gañadora. O Concello de Camariñas dará ao autor/a da foto premiada un tícket identificativo que terá que presentar no establecemento para poder canxealo. A bolsa de agasallo correrá a cargo do Concello de Camariñas que será o encargado de facela chegar ata as persoas premiadas.

Os establecementos que queiran participar só terá que remitir a solicitude cuberta e asinada por correo electrónico que pode descargar ao final desta nota info@camarinas.net ou entregala na axencia de desenvolvemento local na Casa de Pedra. O prazo de inscrición rematará o próximo venres 22 de novembro de 2014.

Máis información: Axencia de desenvolvemento local. T.981737004 info@camarinas.net

Descargas relacionadas


© by Abertal