Actualidade

Inicio O Concello Actualidade

O Concello

O proxecto cultural “Galicia Latente” presentarase en Camariñas o próximo martes

  • O IES Pedra da Aguia acollerá, ás 16:30 horas, a proxección dun documental sobre a Galicia do presente e un coloquio posterior para recoller percepcións da cultura galega desde os ámbitos locais.
  • “Galicia Latente” é un proxecto de dinamización da cultura emerxente desenvolto por Eduardo de Martís.
  • A base desta iniciativa é unha publicación na que se recollen 223 fotografías de diferentes referencias ao longo de 146 concellos, entre as que se atopa o encaixe e a Mostra.

O Concello

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas de Tasaraño

  • Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño.

O Concello

AVISO --- O 23 DE ABRIL A CASA DE PEDRA PERMANECERÁ PECHADA

O 23 DE ABRIL A CASA DE PEDRA PERMANECERÁ PECHADA
 
con motivo da festividade de San Xurxo (festivo local). As persoas que teñan que renovar a tarxeta de demanda ou mellora de emprego ese día no PID poden facelo o luns 22 de abril ou o mércores 24 de abril
 
Para calquera consulta urxente relacionada coa demanda de emprego pódese contactar coa Oficina de emprego de Cee 881880480 que estará aberta ese día no seu horario habitual de 9:00 – 14:00h  

O Concello

Camariñas adhírese á central da FEMP para contratar o subministro de electricidade

  • Esta proposta foi aprobada no último pleno ordinario e o obxectivo é lograr unhas mellores condicións.

O Concello

O Concello instalará aseos accesibles na praia de Lingunde, na de Camelle e no parque e a igrexa de Xaviña

  • A actuación, que conta cun orzamento total de 44.927 euros, estará financiada a través dunha subvención da Xunta de Galicia por valor de 40.434 euros.
  • Escolléronse estas zonas por ser moi frecuentadas durante todo o ano, como o caso de Xaviña, ou na época estival no caso das praias.

O Concello

Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

  • Driade, de Laura Araujo, acadou o segundo posto do certame, mentres que Farrapos, de Uxía Loureiro, quedou en terceiro lugar.
 
  • O premio á colección máis comercial recaeu nas mans de Miriam de Rio con Elas.
 
  • Entregaron os premios Sandra Insua, José Figueroa, Verónica Canosa e Olga Campos.

O Concello

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

  • O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas.
  • A destacar o espectacular número de veciños e veciñas do municipio que se achegaron ao evento este ano, 8.544 persoas, superando amplamente neste sentido a calquera edición.

O Concello

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña arrinca mañá, mércores 27 de marzo

Mañá, mércores 27 de marzo, arrincará a trixésimo terceira edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que se desenvolverá durante toda a Semana Santa, ata o domingo 31 de marzo.

O Concello

Este mércores dará comezo a XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

  • O evento terá lugar do 27 ao 31 de marzo e co lema “Camariñas Sorprende” pretende reivindicar o encaixe como un elemento de valor para coñecer o municipio.

O Concello

A decoración da Mostra, espazos pensados para sorprender ao visitante

  • A empresa Estudo DSR, de David Salvado, encargouse por segundo ano da decoración do interior do recinto.